viernes, 12 de febrero de 2016

Comunicado recibido de los camaradas de Galiza


SALUDO A LA PRESENTACIÓN 
DE LA 
PLATAFORMA DE COMUNISTAS

Dende Galicia  un grupo de comunistas, cada vez máis nutrido e cunha interesante participación de mocedade, queremos dirixirnos a vós para saudar e apoiar o acto de presentación de Plataforma de Comunistas. Compartimos plenamente o obxetivo de concretar o imprescindible encontro, debate e unidade de acción dos comunistas para lograr máis cedo que tarde que os noso posicionamento ideolóxico e as alternativas políticas de clase teñan o peso que lles corresponde na loita da clase obreira e do conxunto do pobo contra a dictadura do capital. Os comunistas   temos que ser pos suposto un referente inmediato nesa loita pero creemos que coincidimos si decimos que  temos que traballar unidos para dirixila, para acumular forzas para a conquista do socialismo.

      Non nos imos a extender nas nefastas consecuencias que para @straballador@s e o conxunto do pobo tén a actual debilidade das posicións comunistas, pero si sinalaremos que isa debilidade é a que permite que  o réximen monárquico herdeiro do franquismo  siga a maniobrar para evitar a súa debacle e que o cada maior rexeito ao mesmo por parte de amplos sectores do pobo se "canalice" a través de expresións políticas de tipo "cidadanista", de plataformas electoráis  que renuncian a enfrontarse ao réximen e só pretenden "democratizalo e socializalo", e tamén do nacionalismo pequeno burgués.

     A ruptura coa monarquía -como expresión concreta que é do poder político, económico e social da oligarquía e do imperialismo no estado español- é para nós una cuestión fundamental en torno a cal construir unha unidade de clase e unha unidade popular que sexa capaz de defendernos con éxito dos ataques que sofrimos como traballadores, para que por fin pasemos  á ofensiva  para conquistar o poder para o pobo mediante unha República que esté ao seu servizo e que garanta de verdade e na práctica os seus intereses e todos os seus dereitos, incluidos os referidos aos dereitos nacionáis de Gallicia, Euskadi e Catalunya.

   Dende Galicia estamos traballando na mesma dirección que vós plantexades, En breve celebraremos un encontro aberto de comunistas aos que estades convidados a asistir coas vosas aportacións e experiencias. Estamos decididos a cumplir, coa audacia que Lenin reclamaba, as nosas obrigas nesta tarefa de unidade e de acción comunista.

     Camaradas, felicitacións por este acto que hoxe celebrades e que sin dúbida  é de gran importancia para todos os comunistas do estado español.

        Pola República ao servizo do pobo, polo dereito de autodeterminación, polo SOCIALISMO

         ADIANTE A   UNIDADE E  A LOITA DOS COMUNISTAS


               Encontro de Marxistas de Galicia