viernes, 5 de febrero de 2016


"Audacia camaradas"
André Abeledo, sindicalista, concelleiro en Narón por EU e militante comunista, difunde un "Chamamento para un Encontro de Marxistas" 


Este manifesto é ante todo un chamamento ao encontro das comunistas e os comunistas da Galiza, unha chamada o debate e a organización, un manifesto aberto, un intento de construír un espazo que sirva como punto de encontro para todas e todos, vai dirixido a aos que nos consideramos comunistas, defendemos a vixencia da loita de clases e a necesidade de que os comunistas sexamos a vangarda e a punta de lanza na loita contra o capitalismo, que é o verdadeiro inimigo da clase obreira.

Precisamos da unidade comunista para ser a ferramenta capaz de construír un futuro socialista, é necesario un gran fronte da esquerda rupturista onde os comunistas temos a obriga de ser un verdadeiro suxeito político fundamental para a clase traballadora.

Este manifesto nace das achegas de comunistas de distintos partidos e organizacións e tenta ser tan só un primeiro paso neste camiño.

Pola miña parte o subscrito e o difundo.

Saúde e Socialismo.

Audacia camaradas.

André Abeledo Fernández [*]

CHAMAMENTO PARA UN ENCONTRO DE MARXISTAS

Son tempos de incerteza para o pobo traballador galego. Na actualidade, e maila o que nos din os gobernos da burguesía, a crise económica e institucional acentúase, atizándonos con desemprego, inmigración, precariedade laboral, etcétera. A isto súmaselle o feito de que a polarización política das clases dominantes sitúa a loita obreira nun papel secundario.

Ante estas constatacións, as e os abaixo asinantes consideramos que é de suma importancia ofrecer unha alternativa que profunde nun cambio radical do modelo de produción imperante, do capitalismo. É dicir, que a mudanza tan necesaria teña como eixe principal a Revolución Socialista, a superación da explotación humana.

Mais é certo, nas circunstancias actuais as mulleres e os homes que sempre defendemos, e seguimos facéndoo, os obxectivos antes mencionados, non estamos en condicións de afirmar que estamos unidas e fortes, non existe unha independencia política e ideolóxica do proletariado, un Partido Comunista Unificado. A división do Movemento Comunista, e a súa desorientación, é unha realidade obxectiva que se nos plantexa de primeira orde para as revolucionarias e os revolucionarios.

Por todo iso, comprendendo o urxente da situación a que nos enfrontamos, chamamos a propiciar un ENCONTRO DE MARXISTAS que impulse a coordinación ( nas diferentes frontes de traballo inmediato, especialmente no movemento obreiro ) e o debate honesto ( unha verdadeira confrontación ideolóxica que fuxa de dogmatismos ), recuperando así o rearme teórico e ofrecendo espazos de traballo práctico, porque non renunciamos a nosa posición de comunistas, nin nunca o faremos. En definitiva, porque creemos con plena seguridade nun futuro digno para a clase obreira e os sectores de extracto popular.

Finalmente, convocámosvos a preparar o mais axiña posible unha ASEMBLEA ABERTA A NIVEL NACIONAL co fin de tratar todas as cuestións arriba mencionadas, avanzando nestas inaprazables tarefas para que as posicións das e dos que defendemos o marxismo e o leninismo teñan o peso suficiente e a forza que lle corresponde nas vindeiras loitas contra a oligarquía e as súas políticas de rapiña.
LLAMAMIENTO PARA UN ENCUENTRODE MARXISTAS

Son tiempos de incertidumbre para el pueblo trabajador gallego. En la actualidad, y a pesar de lo que nos dicen los gobiernos de la burguesía, la crisis económica e institucional se acentúa, atizándonos con desempleo, inmigración, precariedad laboral, etcétera. A esto se le suma el hecho de que la polarización política de las clases dominantes sitúa la lucha obrera en un papel secundario.

Ante estas constataciones, consideramos que es de suma importancia ofrecer una alternativa que profundice en un cambio radical del modelo de producción imperante, del capitalismo. Es decir, que el cambio tan necesario tenga como eje principal a Revolución Socialista, la superación de la explotación humana.

Mas es cierto, en las circunstancias actuales las mujeres y los hombres que siempre defendimos, y seguimos haciéndolo, los objetivos antes mencionados, no estamos en condiciones de afirmar que estamos unidas y fuertes, no existe una independencia política e ideológica del proletariado, un Partido Comunista Unificado. La división del Movimiento Comunista, y su desorientación, es una realidad objetiva que se nos plantea de primera orden para las revolucionarias y los revolucionarios.

Por todo ello, comprendiendo lo urgente de la situación a la que nos enfrentamos, llamamos a propiciar un ENCUENTRO DE MARXISTAS que impulse la coordinación ( en las diferentes frentes de trabajo inmediato, especialmente en el movimiento obrero ) y el debate honesto ( una verdadera confrontación ideológica que huya de dogmatismos ), recuperando así el rearme teórico y ofreciendo espacios de trabajo práctico, porque no renunciamos nuestra posición de comunistas, ni nunca lo haremos. En definitiva, porque creemos con plena seguridad en un futuro digno para la clase obrera y los sectores de extracto popular.
Finalmente, os convocamos a preparar lo mas enseguida posible una ASAMBLEA ABIERTA A NIVEL NACIONAL con el fin de tratar todas las cuestiones arriba mencionadas, avanzando en estas inaplazables tareas para que las posiciones de las y de los que defendemos el marxismo y el leninismo tengan el peso suficiente y la fuerza que le corresponde en las próximas luchas contra la oligarquía y sus políticas de rapiña.